Lino, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(década de 900) | |
Nome orixinal | (la) Linus PP. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 Toscana, Italia |
Morte | 79 (68/69 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
2º Papa | |
67 – 79 ← Pedro – Anacleto → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristián |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | crego cristián |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Celebración | Igrexa católica |
Día de festividade relixiosa | 23 de setembro |
Símbolo iconográfico | Papal symbols (en) e hábito religioso (pt) |
Patrón de | Diocese Católica Romana de Volterra (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Nai | Claudia |
Cronoloxía | |
1969 | supresión do culto Causado por: Concilio Vaticano Segundo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Enciclopedia Católica |
Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79[1]. Naquela altura, o título de papa aínda non fora creado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe de Lino de Volterra e do seu pontificado. A maioría das fontes clásicas sinálano como segundo dos bispos de Roma, se ben nas datas existen fondas diverxencias. O Liber pontificalis dátao entre o ano 56 e o 67, durante o imperio de Nerón, Xerome de Estridón lévao ata 67-78, e Eusebio ata o segundo ano do goberno de Tito (80).
Ireneo de Lión, un autor de finais do século II, identifícao co Lino que menciona Paulo de Tarso na súa segunda carta a Timoteo, e que foi nomeado papa á morte de Pedro, polo tanto no ano 67. O Liber pontificalis (catálogo do século VI) sinala que era orixinario de Volterra, pero non identifica as fontes desa aseveración.
Aínda que como a todos os papas anteriores ao Edicto de Milán a tradición cristiá o considera un santo e mártir (a súa santidade celébrase o 23 de setembro), non existen probas de que fose en verdade asasinado polas súas crenzas.
Parroquias galegas
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de San Lino.
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |